Visita o noso Showroom e descubre como a tecnoloxía pode transformar a túa casa.
Hai tecnoloxías que se entenden mellor cando as tes diante. No noso showroom poderás coñecer de primeira man diferentes solucións para facer a túa casa máis confortable, eficiente e conectada.
Descubre como funciona a domótica, a fotovoltaica e a aerotermia e imaxina todo o que poderían facer por ti.
A túa casa tamén pode pensar por ti. Controla a iluminación, as persianas, a climatización e outros elementos da túa casa desde un mesmo lugar. A domótica permite automatizar tarefas e adaptar o fogar ás túas rutinas. No showroom poderás descubrir como funciona e ver como pode facer o teu día a día máis cómodo e sinxelo.
Deixa que o sol traballe para ti. Produce a túa propia electricidade e aproveita a enerxía do sol para cubrir parte do consumo do teu fogar.
Ven coñecer como funciona unha instalación fotovoltaica e descubre como aproveitar mellor a enerxía que produces.
Aproveita o aire que xa está aí. A aerotermia aproveita a enerxía do aire exterior para xerar calor e manter unha temperatura agradable na túa casa. Se queres saber máis sobre como funciona e como pode adaptarse ao teu fogar, o noso showroom é o teu lugar.
Descubre todo o que estas tecnoloxías poden facer por ti e pola túa casa. Visítanos, observa as diferentes solucións en funcionamento e resolve todas as túas dúbidas co noso equipo.
Estamos en Rúa Rocha 60, 36891, Ponteareas, Pontevedra.