REHABILITACIÓN ENERXÉTICA

A mellor versión da túa vivenda aínda está por descubrir.

Rehabilitación enerxética: aforro, confort e sostibilidade.

En Nerxiagal, axudamos a fogares e negocios a reducir o seu consumo enerxético, mellorar o seu confort e avanzar cara a un futuro máis sostible.

As nosas solucións abranguen desde o estudo enerxético inicial ata a posta en marcha de melloras como o illamento térmico ou a instalación de paneis solares.

Ao optimizar a eficiencia enerxética do teu inmoble, non só aforras diñeiro, senón que tamén melloras a túa calidade de vida, reduces a pegada de carbono e aumentas o valor da túa propiedade.

Que inclúe unha rehabilitación enerxética con Nerxiagal?

Acompañámoste durante todo o proceso

O noso enfoque integral abrangue todas as etapas necesarias para transformar o teu inmoble nun espazo eficiente e sostible:

DIAGNÓSTICO ENERXÉTICO DO FOGAR

  • Avaliación do estado actual do inmoble.

  • Análise do illamento térmico.

  • Revisión dos sistemas de calefacción, refrixeración e do consumo eléctrico.

  • Identificación das áreas con maior potencial de mellora.

POSTA EN MARCHA DE MEDIDAS

  • Mellora do illamento térmico: menos perdas de calor en inverno e control da entrada de calor en verán.
  • Instalación de paneis solares fotovoltaicos: enerxía limpa e menor factura enerxética.
  • Sistemas de ventilación avanzados: mellor calidade do aire e un ambiente máis saudable.

Certificación enerxética

Tras a rehabilitación, xestionamos a obtención da túa nova certificación enerxética, que incrementará o valor da túa propiedade no mercado.

Vantaxes

Descubre por que cada vez máis persoas confían en Nerxiagal para mellorar a eficiencia enerxética dos seus inmobles:

Un investimento a longo prazo que contribúe á sostibilidade ambiental e ao aforro económico, integrando solucións avanzadas para un contorno máis adaptado ás necesidades actuais.

MENOS GASTO, MÁIS EFICIENCIA

Reducimos ata un 80 % o consumo de enerxía coa instalación de paneis fotovoltaicos.

CONFORT QUE SE NOTA CADA DÍA

Mellor illamento, ventilación e temperatura para espazos máis silenciosos, estables e saudables.

UN FOGAR MÁIS RESPONSABLE

Ao mellorar a eficiencia enerxética e apostar polas enerxías renovables, reduces a túa pegada de carbono e contribúes a un futuro máis sostible.

A TÚA CASA NON SÓ MELLORA, TAMÉN GAÑA VALOR

Unha mellor cualificación enerxética fai que o inmoble sexa máis competitivo no mercado inmobiliario, facéndoo máis atractivo á hora de comprar ou alugar.

FAI DO TEU FOGAR UN ESPAZO MÁIS EFICIENTE E SOSTIBLE

Solicita hoxe mesmo un diagnóstico enerxético gratuíto e sen compromiso comeza a gozar dun inmoble que aforra enerxía, coida o medio ambiente e mellora a túa calidade de vida.