OUTROS SERVIZOS

Innovación en enerxías renovables e sostibilidade

En Nerxiagal, ampliamos as nosas solucións para ofrecer servizos complementarios que maximizan o aforro enerxético, o confort e o coidado do medio ambiente. Descubre como as nosas tecnoloxías innovadoras e personalizadas poden transformar o teu fogar ou negocio nun espazo máis eficiente e sostible.

Fotovoltaica: Enerxía Solar para o autoconsumo

Somos partners de SMA

A enerxía solar é unha das fontes renovables máis limpas e rendibles.

En Nerxiagal, deseñamos e instalamos sistemas fotovoltaicos personalizados para fogares e empresas de Galicia e do norte de Portugal. Coas nosas solucións, poderás reducir ata un 80% na túa factura enerxética mentres contribúes ao coidado do planeta.

 

Vantaxes da enerxía solar

 

  • Protección do medio ambiente: redución significativa das emisións de carbono.

  • Aumento do valor da vivenda: as instalacións solares revalorizan a túa propiedade.

  • Aforro económico: produción de enerxía propia con retorno de inversión a curto prazo.

  • Independencia enerxética: menor dependencia dos combustibles fósiles.

Puntos de recarga: mobilidade sostible

Prepárate para o futuro de la mobilidade cos nosos puntos de recarga para vehículos eléctricos.

En Nerxiagal, instalamos equipos compatibles con sistemas de autoconsumo cumprindo a normativa ITC-BT52.

 

Beneficios dos puntos de recarga:

 

  • Conexión con paneis solares: aproveita a enerxía renovable para cargar o teu vehículo.

  • Cumprimento normativo: instalacións seguras e certificadas por técnicos especializados.

  • Eficiencia enerxética: optimizamos o consumo para un menor impacto na túa factura.

Radon: diagnóstico e prevención

O radon é un gas nobre radioactivo que se pode infiltrar nos edificios a través de gretas, sumidoiros e outras aberturas.

Ventilación controlada para un aire saudable

Os sistemas de ventilación controlada son esenciais para garantir a calidade do aire en interiores

En Nerxiagal, deseñamos instalacións personalizadas que xestionan o fluxo do aire, asegurando un entorno cómodo e saudable.

Como partners de Viessmann, traballamos con tecnoloxías como o Vitoair FS, que destaca pola súa eficiencia e capacidade de filtrado.

 

Vantaxes da ventilación controlada

 

  • Custos enerxéticos reducidos: aforro en calefacción e refrixeración.

  • Calidade do aire: filtrado de partículas e pole, ideal para persoas con alerxias.

  • Confort térmico: control preciso da temperatura e a humidade.

  • Distribución uniforme: xestión eficiente do aire en toda a vivenda.

Chan radiante: calefacción invisible e eficiente

Somos partners de Rehau

O chan radiante é unha das solucións máis eficientes para calefacción, ideal tanto para rehabilitacións como para obra nova.

Como partners de Rehau, ofrecemos sistemas de alta calidade compatibles con aerotermia e xeotermia.

 

Vantaxes do chan radiante

 

  • Coidado do planeta: Recoñecido pola OMS como o sistema de emisión de calor máis eficiente.

  • Inversión rendible: retorno rápido grazas ao aforro enerxético.

  • Instalacións profesionais: máis de 1.000 proxectos realizados con resultados garantidos.

Transforma o teu fogar ou negocio con Nerxiagal

Contacta con nós para un presuposto personalizado e comeza a gozar dos beneficios da innovación en enerxías renovables.