FOTOVOLTAICA

A túa casa xa ten enerxía, só falta captala

Reduce ata un 80% na túa factura enerxética

Somos partners de SMA

A enerxía solar é unha das fontes renovables máis limpas e rendibles.

 

En Nerxiagal, deseñamos e instalamos sistemas fotovoltaicos personalizados para fogares e empresas de Galicia e norte de Portugal. Coas nosas solucións, poderás reducir ata un 80% o custo da túa factura enerxética mentres contribúes ao coidado do planeta.

Vantaxes

Aforro
económico

Independencia
enerxética

Protección fronte a cortes de luz

Aumento do valor da vivenda

Protección do medio ambiente

Autoconsumo intelixente

Aproveita ao máximo a enerxía que xeran os teus paneis solares para cubrir o consumo da túa vivenda ou negocio.

  • Xera a túa propia enerxía: produce electricidade para cubrir os teus consumos diarios.
  • Aproveita os excedentes: se xeras máis enerxía da que precisas, podes vertela á rede e recibir unha compensación na túa factura.
  • Sempre con subministración: cando a túa produción non é suficiente, consomes automaticamente a enerxía da rede.

A túa enerxía pode levarte lonxe

Se produces a túa propia enerxía, úsaa tamén para moverte. Instala un punto de recarga para o teu vehículo eléctrico e aproveita ao máximo a enerxía dos teus paneis solares. 

Consigue ata un 20% de dedución no teu IRPF

ata o 31/12/2026

Instala paneis solares e aproveita as deducións fiscais por mellorar a eficiencia enerxética da túa vivenda.

Asesorámoste sobre os requisitos e a documentación necesaria para acceder ás deducións fiscais.

Consigue ata un 55% de dedución fiscal na túa declaración da Renda

Instala aerotermia ou enerxía solar con Nerxiagal e combina os incentivos fiscais de Galicia e do Estado para aforrar ata 4.500 €.

A MELLORA ENERXÉTICA DO TEU FOGAR ESTÁ NAS TÚAS MANS

INSTALA PANEIS SOLARES 

Pide orzamento gratuito e sen compromiso!