EMPRESA

Compromiso e experiencia ao servizo da sostibilidade

Confianza, tranquilidade e profesionalidade para transformar a túa enerxía

En Nerxiagal, levamos anos transformando a maneira na que as familias e empresas en Galicia xestionan a súa enerxía

Con máis de 4 décadas de experiencia, demostramos que é posible combinar aforro, sostibilidade e enerxía en cada un dos nosos proxectos. O noso equipo de expertos aposta polas enerxías renovables como o motor dun futuro máis limpo e eficiente. Traballamos incansablemente para que Galicia sexa un referente en sostibilidade e eficiencia enerxética, ofrecendo soluciones innovadoras e personalizadas que garantan resultados duradeiros.

Servizos de enerxías renovables personalizados para fogares e empresas

Beneficios de elixir Nerxiagal

En Nerxiagal entendemos que cada cliente é único. Por iso, ofrecemos un abano de servizos deseñados a medida para maximizar o aproveitamento enerxético. Por que somos a mellor opción para a túa transición enerxética?

  • Aforro enerxético garantido: reduce o teu consumo enerxético ata un 80%

  • Equipo especializado: contamos cun persoal especializado que te acompañará en cada etapa do proceso.

  • Instalación rápida e profesional: asegurámonos de realizar instalacións eficientes sen comprometer a calidade.

  • Sostibilidade certificada: todos os nosos proxectos cumpran cas normativas máis esixentes en eficiencia enerxética e coidado ambiental.

O noso proceso: ti goza, nós encargámonos

Dende Nerxiagal deseñamos un protocolo de seguimento integral para garantir que a túa experiencia sexa sempre cómoda, segura e eficiente.

CONTACTO INICIAL

Contáctanos por teléfono, email ou visita a nosa sede. O noso equipo experto realizará unha avaliación inicial gratuíta das túas necesidades.

ESTUDO PERSONALIZADO

  • Entrevista inicial: afondamos nas túas necesidades para deseñar un proxecto completamente adaptado.

  • Análise detallado: estudamos as túas facturas de enerxía, planos de obra, localización da mesma e o estado actual para definir a mellor solución.

  • Propostas a medida: o noso equipo técnico desenvolverá varias propostas para que escollas a máis adecuada.

ACEPTACIÓN DO PROXECTO

Unha vez aprobado o presuposto, encargámonos de tramitar os permisos necesarios e manter unha comunicación constante sobre o progreso ó longo de todo o proxecto.

EXECUCIÓN PROFESIONAL

O noso equipo encárgase de cada detalle da instalación, asegurando sempre a máxima calidade e satisfacción por parte do cliente.

ENTREGA E INSTALACIÓN

Unha vez rematada a instalación, explicámosche todo o seu funcionamento e as operacións que debes realizar para que poidas usala con total confianza.

GARANTÍA E MANTEMENTO

Goza da instalación sen preocupacións. Para iso proporcionámosche 5 anos de garantía en mano de obra e un servizo de mantemento especializado. Somos instaladores oficiais dos produtos utilizados.

Comeza hoxe a túa transición cara as enerxías renovables!

Contacta con Nerxiagal e recibe unha avaliación gratuíta do teu proxecto. Non esperes máis para aforrar e contribuír a un futuro máis limpo.