Aviso legal
O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web “https://nerxiagal.gal”, en adiante web, propiedade de Foncalgás Xinzo S.L. (en adiante, a empresa), con domicilio en Rocha 60 Xinzo Ponteareas, dirección de correo electrónico info@foncalgas.gal e CIF: B36202323.
O acceso ao sitio web atribúe a condición de Usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do Usuario de todas e cada unha das condicións incluídas neste Aviso legal.
Todos os dereitos de propiedade intelectual do dominio web así como dos seus contidos pertencen á empresa ou a terceiras persoas, polo que ningún Usuario está autorizado a facer uso deles, imprimilos nin almacenalos en ningún soporte físico, salvo para o uso persoal e privado. Queda, así, prohibida a modificación ou o uso comercial de calquera parte do mesmo. Autorízase unicamente o uso dos contidos do dominio web con fins informativos e de servizo, sempre que se cite ou faga referencia á fonte, sendo o Usuario o único responsable do mal uso dos mesmos.
Para acceder á información contida no sitio web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais.
Os datos, textos, informacións, gráficos ou ligazóns publicados na web son recompilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas, sen que o acceso xere relación comercial, contractual ou profesional entre os Usuarios e a empresa. A empresa resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen aviso previo.
As ligazóns e hipertextos que, de ser o caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións e servizos ofrecidos por terceiros, non pertencen nin están baixo o control da empresa, polo que non se fai responsable nin da información contida neles nin de calquera efecto que puidese derivarse desa información.
Infórmase de que os datos incluídos neste formulario, conforme o disposto no Regulamento 2016/679 Europeo de Protección de Datos, infórmase, conforme ao establecido no artigo 5, dos seguintes principios relativos ao tratamento de datos persoais que é necesario considerar:
Os datos persoais recompilados a través do correo electrónico ou a través do formulario da páxina web formarán parte dun ficheiro automatizado de responsabilidade da empresa.
En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestar o servizo solicitado e realizar a facturación do mesmo. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal ou naqueles casos nos que se proceda a entregar datos en forma de informe a terceiros.
Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Foncalgas estamos a tratar os seus datos persoais, polo que ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios. Responsable: Administración – NIF: B36202323 Dir. postal: Rocha 60 Xinzo Ponteareas Correo electrónico: info@foncalgas.gal
O Usuario ten terminantemente prohibido introducir calquera tipo de virus no dominio web, así como intentar acceder aos datos do mesmo, modificalos, acceder ás contas de correo, mensaxes, etc.
A empresa non será responsable das infraccións de calquera Usuario que afecten aos dereitos doutro Usuario da web ou de terceiros, incluíndo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial e calquera outro dereito de propiedade intelectual ou industrial.
A empresa fará uso das accións civís ou penais que por lei correspondan ante calquera utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puidesen xurdir en relación a este dominio rexeranse unicamente polo dereito español, someténdose aos Xulgados e Tribunais competentes na provincia de Pontevedra.